viernes 19 de junio de 2009
martes 16 de junio de 2009
Cumple Almu (23)
Ningún outro motivo podía ser mellor para volver a escribir no blog que felicitarlle a Almudena o seu vixésimo terceiro aniversario, aínda que se pasa uns minutos do día.
Ademáis este cumpleanos non é un calquera. Este ano remata a carreira despois de 5 anos e está bastante agobiada en canto ao seu futuro máis próximo, o que se lle chama a "crise do licenciado", pero estou segura de que non durará moito. Outro trauma, e este sobre todo para min, é o ocasionado porque, tras 2 anos, é máis que probable que deixemos de vivir xuntas. Por agora, prefiro non pensalo.
Merécese bastantes máis palabras que estas, pero é o que ten nacer en xuño, que o exame do mércores non me deixa tempo ;)
domingo 17 de mayo de 2009
Festival do Norte
Os post van cun serio retraso, pero ata hoxe non tiven nin moito tempo (nin ganas) de escribir.
A primeira fin de semana de maio, Lucía e máis eu (e case Almu) fomos ao Festival do Norte a Vilagarcía. Estivemos só un día pero pasámolo xenial.
Vimos a Russian Red, Herman Dune, Love of Lesbian e algún outro, pero o sonido deixaba moito que desexar (non sei que por que pero aos festivais deste tipo aos que fun sempre pasaba o mesmo).
Si!!
domingo 26 de abril de 2009
Lucía en Santiagosiete

Esta entrada chega cunha semana de retraso, pero con isto do Facebook os blogs están bastante parados.
A semana pasada, Lucía, amiga da facultade, saiu na contraportada do semanal gratuito compostelá Santiagosiete, que se publica cada venres. E falando do Facebook, tivo moito que ver co debut de Lucía no mundo da prensa, xa que é a amiga 1000 de Santiagosiete nesta rede social.
Foi moi divertido ver a todo o mundo na Alameda nunha tarde soleada lendo a súa entrevista. Dábanme ganas de decirlle ás señoras que era a miña amiga.
sábado 18 de abril de 2009
martes 14 de abril de 2009
Novo delegado do goberno en Galicia
lunes 6 de abril de 2009
jueves 2 de abril de 2009
Pequenas "vacacións"
(Falando desta semana de vacacións estoume acordando da que dixo que as vacacións de Semana Santa e as de Nadal fora o único bo que nos dera a relixión, jaja!)
Polo momento, deixo de pensar en clases, apuntes e traballos, porque hoxe SAIMOS en Santiago, as de sempre. Só espero que esta vez teñamos unha noite máis tranquila.
Farei algún oco durante os próximos días para postear.
PD. Hoxe a entrada vai polos 101 non cumpridos, que moitas veces se botan de menos.
viernes 27 de marzo de 2009
Los abrazos rotos

A pesar do cansanzo de toda a semana, que foi de tolos, Almu e máis eu fixemos un esforzo (somos algo perezosas para estas cousas), xa que non iamos saír, e fomos oa cine a ver "Los abrazos rotos", de Almodóvar.
Saimos encantadas coa película e coas actuacións de Penélope Cruz e Blanca Portillo, que estaban incribles. Pero case o que máis nos gustou foron os diálogos finais de Carmen Machi e Penélope Cruz. Ainda nos rimos un cacho.
Non sei se no cine, pero que volvo a vela, seguro.
martes 17 de marzo de 2009
Sumando Ideas
Realmente, o que teña que dicir ao respecto está escrito no manifesto, así que deixo, ademáis de reproducilo abaixo, o link á páxina.
Somos xa case 500 militantes adheridos ao mesmo, que se van incrementando todos os días.
SUMANDO IDEAS PARA O SOCIALISMO GALEGO
Os socialistas galegos debemos facer unha profunda reflexión sobre a mensaxe que a cidadanía de Galicia nos transmitiu o pasado 1-M, e ao tempo dar un paso adiante.
Facelo esíxenos lembrar e defender os avances acadados nestes catro anos, pero tamén recoñecer e emendar os erros cometidos na nosa acción política.
Non debemos esquecer que máis de medio millón de galegas e galegos depositaron a súa confianza no proxecto dos socialistas de Galicia. Merecen atopar en nós un novo camiño e unha proposta maioritaria, de presente e de futuro, que canalice as inquedanzas dunha parte moi importante da sociedade galega.
Esta confianza tamén nos esixe un esforzo encamiñado a consolidar e aumentar o apoio recibido, a ensanchar e converter ao PSdeG-PSOE nun partido maioritario, forte e con grande presenza na sociedade galega, representativo da maioría social do noso país.
Para isto necesitamos facer unha serena pero profunda renovación das estruturas organizativas e do modelo de partido, co obxecto de facer posible a extensión e penetración do PSdeG no conxunto do territorio e nas redes sociais e económicas de Galicia, estando presente en tódolos ámbitos da sociedade galega e potenciando o papel dos/as militantes socialistas, da súa participación interna e externa, como verdadeiros activos do noso proxecto político. O PSdeG ten que ser un bo reflexo da maioría social deste país.
Como primeiro paso aspiramos a fomentar un debate de ideas e propostas de cara ó Congreso Extraordinario do 25 de Abril, onde teñan cabida a autocrítica e a discrepancia, pero afastándonos de actitudes cainitas e sen permitir que a dereita marque os nosos debates e a nosa axenda política.
Queremos facer do PSdeG un partido forte, sen complexos, asentado nos valores do socialismo democrático cun proxecto autónomo. Ser a referencia galega da esquerda, alí onde se ubican milleiros de cidadás e cidadáns do noso país que cren na liberdade, na igualdade, na solidariedade e na xustiza social.
A través deste manifesto pretendemos promover o debate e o contraste de alternativas. Facemos un chamamento á participación colectiva de toda a militancia e da cidadanía para fortalecer un proxecto socialista que se asente na defensa coherente e decidida dos principios e os valores progresistas que vertebran o conxunto das democracias avanzadas.
Para nós falar do socialismo galego equivale a defender unha sociedade cunha universal igualdade de oportunidades, independentemente das nosas diferentes orixes sociais; plena liberdade para exercelas, suprimindo todas as barreiras que as impiden ou dificultan; e coa férrea xenerosidade e solidariedade de todo o País cando a oportunidade deriva en dificultade.
O socialismo e o galeguismo son e seguirán sendo referencias ideolóxicas esenciais do PSdeG e das que deben partir as políticas e propostas da nosa acción política.
A defensa dos servizos públicos ten que ser unha prioridade, facendo posible unha sanidade pública que compatibilice a atención sanitaria de calidade cos dereitos de atención ao paciente e apostando por unha educación pública de calidade, nun país no que o ensino sirva para acadar unha sociedade libre, crítica, con sólidos valores democráticos e altas oportunidades de progreso.
Falamos dunha educación pública na que as bolsas favorezan a igualdade de oportunidades e na que o relevante non sexan a vestimenta que leven as nenas e os nenos no centro escolar, senón a calidade da educación que reciben.
Unha Galicia políglota, na que se eduque aos nosos fillos/as en galego e castelán, garantindo o coñecemento e correcto uso de ambas linguas ó rematar o ensino obrigatorio e aberta á incorporación de terceiras linguas. Un País sen divisións entre iguais nin imposicións e onde a nosa cultura sexa unha importante oportunidade de proxección exterior.
Queremos unha sociedade cunha envexable calidade democrática, con regras de xogo claramente definidas na relación dos responsables políticos cos poderes económicos e na regulación transparente das axudas públicas ó mercado da información e da comunicación, onde a reforma dos medios públicos de comunicación sexa unha prioridade política e social.
Conseguilo require dun partido mellor conectado coa sociedade: capaz de incorporar as voces e as vontades progresistas presentes na sociedade civil, e onde a militancia, o maior activo do noso proxecto político, asuma maior protagonismo e impulse o partido co seu traballo, a súa capacidade e a súa ilusión.
Pola gran responsabilidade que o tempo nos depara, para cumprir coas expectativas postas na labor de oposición e para sermos alternativa crible de goberno, necesitamos de experiencia e renovación. Temos que asumir como propias as novas realidades sociais, sumar a achega da valiosa experiencia institucional que o noso partido atesoura e facer efectiva a incorporación das xeracións máis novas.
É a hora de ofrecerlle á sociedade galega un proxecto socialista maioritario e renovado, un proxecto ilusionante, que marque novas metas para transformar a fondo Galicia. É a hora de traballar todos xuntos, unidos, sumando ideas para o socialismo galego!
Que comece o debate!
Lalín
Despois dunha dura mañá-tarde de Comité en Santiago, tocou saír en Lalín despois de bastante tempo. Con Almu, Dani, Alberto e Marta. Deixo unhas cantas fotos, das poucas que se salvan. Eu marchei pronto, pero a noite foi productiva para algunhas/os.
Mañá saimos en Santiago, agora que este cuatrimestre estou recluida os xoves polo "Civil Law" da primeira hora dos venres.
domingo 15 de marzo de 2009
Máis cambios...
Ultimamente non teño moito tempo para actualizar, porque entre todas as clases que teño da facultade, inglés, todos os traballos, e "asuntos políticos" nos que estou inmersa non me queda moito tempo para outras cousas. A ver se me vou sacando traballos de enriba, ainda que vexo un cuatrimestre complicado.
Ahh, teño un novo blog na cabeza, pero deso xa informarei proximamente.
lunes 9 de marzo de 2009
Entroido
martes 3 de marzo de 2009
Emilio Pérez Touriño presenta a dimisión
Onte pola mañá, Emilio Pérez Touriño presentou a dimisión como Secretario Xeral do PSdeG, responsabilizándose da derrota electoral. Un gran acto de valentía que amosa moito pola súa parte. Deixo o discurso.
lunes 2 de marzo de 2009
Hai 4 anos...

Un día coma hoxe hai 4 anos levanteime non moi cedo despois dunha longa noite de "victoria contenida". Aínda estaba no instituto. Invitei a almorzar a Eunice e fomos as dúas coa nosa camiseta de "Móvome" a facer un exame de matemáticas. Dos últimos que nos quedaban para rematar o curso. Era un día alegre, raiaba o sol.
A victoria da esquerda pendía dun fío e todos/as estabamos á espera do reconto do voto emigrante.
Hoxe desperteime relativamente tarde en Santiago, con 0 ilusión de saír á rúa. Ademáis, o sol está escondido. Onte, despois de coñercer a victoria do PP e estar cos compañeiros/as na sede viñen para a capital.
Onte penso que pouca xente de esquerdas se esperaba o que pasou, que cunha participación histórica o PP conseguira recuperar a Xunta de Galicia. Eu aínda estou dixerindo a derrota. Probablemente moitos cambios progresistas impulsados polo bipartito volvan atrás, a tempos de Fraga, como por exemplo o decreto do galego. Pero é que a maioría dos votantes galegos/as así o quixeron.
Triste, pero máis orgullosa que nunca de pertencer ao PSdeG- PSOE. Con moito traballo e esforzo sairemos adiante.
sábado 28 de febrero de 2009
Un 27 de febreiro...
... Fun a Santiago e merendei con Almudena.
... Sen tempo (por merendar) subín ata Amio con María Torres e dous compañeiros máis, para asistir ao Mítin de Peche de Campaña de
... Pensei en ver de cerca a Zapatero,
... pero por chegar tarde tíveno que ver de lonxe, desde o espacio habilitado para a prensa.
... Volvín a Lalín.
... E fun á festa peche de
Foi un completo e cansado día, pero de moitas emocións e diversión. Só quedei triste de non ver a Zapatero.
viernes 27 de febrero de 2009
PaTxi López VS. Soldadito Marinero
Vin este vídeo no blog de Loli e, como me gustou, decidín colgalo aquí tamén.
Coñecín a Patxi na miña primeira viaxe coas XSG (Loli, Iván, Silvia, Alberto Monforte...) a San Sebastián e pareceume unha gran persoa e, ademáis, moi cercana. Espero que o domingo Galicia e Euskadi sexan socialistas.
Para ver máis visitade o Blog de Loli.
jueves 26 de febrero de 2009
Zapatero e Touriño en Santiago

Deberon ler o meu blog e fixeronme caso ;D , José Luís Rodríguez ZAPATERO acompañará ao actual e futuro presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez TOURIÑO no acto fin de campaña, e
ste venres, que terá lugar en Santiago de Compostela. Ás 20H no Mercado de gando de Amio (alí onde suspendín, pero aprobarei, o examen de conducir).Esta oportunidade de ver a Zapatero si que non a perdo, que ganas!
martes 24 de febrero de 2009
El Ego Cibeles
Y después el de Roberto Piqueras, y cóctel, y fotos... Y al día siguiente más con Bego en Cibeles.



